Saúde!
“A civilización apréndenos como apoderarnos das cousas, cando debería iniciarnos na arte de desposuírnos delas, pois non hai liberdade nin «vida verdadeira» se non se aprende a renunciar.”
Á revolta grega.
Seguimos emitindo sinal...
Renunciando á voracidade da competición, da violencia continua por posuír algo, esa ilusión paralizante que nos asalta na seguridade, no confort das nosas celas particulares.
Desertando das filas do consumo militante e dos seus altares de sacrificio para tomares posesión das nosas propias vidas... Tamén é así, sen dominación e sen intermediarios, como queremos enfrontarnos á enfermidade e a morte.
Denantes que a civilización nos coma as entrañas, de que nos aniquile por completo coa excelencia autoritaria da súa tecnoloxía, seremos quen de brincar cara as corredoiras da anarquía pra gastar o noso tempo en viver e combater a quen nolo impida. Fieis, unicamente, á paixón instintiva que se ergue contra a domesticación da vida, da paisaxe, dos outros...
Ao atoparnos nos camiños pronunciamos a palabra “saúde”. Esta fórmula convencional é aquí un desexo consciente pois apenas cando todas gocen das condicións para a saúde e a liberdade poderemos cada un de nós chegar a sentir o mesmo plenamente.
As liñas fican abertas...